Descubre os lugares máis especiais e interesantes de Galicia, acompañado de Guías Turísticos oficiais.

Ofrecemos este servizo para adaptarnos ás túas características. O guía adáptase ao teu tempo, ao nivel de profundidade que queiras para cada tema, e por suposto, contestará calquera dúbida que poida xurdir.

Dinos que lugar de Galicia che interesa coñecer

Descubre con nós as principais cidades históricas galegas como Santiago, Pontevedra o Betanzos.

Tamén pobos e vilas mariñeiras como Noia ou Combarro, importantes xacementos arqueolóxicos como o Castro de Baroña ou o xacemento de A Lanzada, ou espectaculares espazos naturais como a Illa de Ons.

Déixanos sorprenderte

Cóntanos cales son os teus intereses e deseñámoste unha ruta personalizada.

Dinos, por exemplo, se estás interesado en arqueoloxía, en gastronomía, en paraxes naturais ou en artesanía tradicional.Descríbenos o teu grupo, número de persoas, si veñen nenos ou calquera aspecto que consideres importante.

Deseñamos a túa visita, pasámoste orzamento, recollémoste onde nos indiques, y levámoste de volta despois de vivir unha experiencia única e sorprendente.

Personaliza a túa ruta

Para Santiago ofrecémoste os mesmos percorridos que ofrecemos nos nosos Audio-Paseos, pero acompañados por un guía oficial.

Ademais, se o desexas podemos ofrecerte una visita que combine as tres rutas ou unha visita máis tradicional polos elementos imprescindibles da Cidade Vella.

Para Cool-Touring non hai dous clientes iguais, por iso, ofrecemos diversas opcións para coñecer a cidade de Santiago adaptándonos aos teus intereses.

Es unha Asociación cultural?


En Cool-Touring temos un compromiso coa Cultura, por iso, se es unha asociación cultural, benefíciate dos nosos descontos.