O Carbaliño de ouro

Froito de toda esta colaboración entre Comunidade Local e equipo de Torre dos Mouros, cuxos límites son neboentos, vai saíndo a tradición oral vinculada a este espazo. Dende o punto de vista da toponimia, os nomes do lugar que nos van chegando ata agora, fan fincapé en tres aspectos do lugar:

  • Trátase dun sitio arqueolóxico: É o que agocha, por exemplo, a referncia a Torre no topónimo “Torre dos Mouros”
  • Trátase dun lugar preñado de carga simbólica: A referencia aos Mouros en todos os topónimos que nos chegaron
  • Trátase dun lugar que xogaba un papel importante na paisaxe económica da sociedade tradicional: Como lugar de recollida de toxo para o estrume ou de terra para renovar a leira. É o que agocha por exemplo o topónimo Estivada dos Mouros.

Relacionada con esa dimensión simbólica do lugar, o equipo recolleu unha fermosa lenda que nos fala dun cabaliño de ouro. A estro fa di así:

“No Monte do Castro,

No Curro do Medio

hai un cabaliño de ouro enterrado,

Coa súa manta e o seu freo”

Dende logo, non somos cazatesouros, nin tratamos de atopar cabaliños de ouro… cando menos reales. Porque creo que para cada membro do equipo, o Cabaliño de Ouro representa algo diferente, en certa maneira, é, dende o punto de vista persoal, o que quere atopar en Torre dos Mouros, o que espera, ou non, que lle aporte o proxecto. Nós xa atopamos o noso Cabaliño de Ouro… o vento mareiro, o mar infindo, o relax activo no medio duns meses de moito traballo e stress, os cinco minutos de sentar nun penedo mirando o mar, compartir ilusión, a expectación dos achádegos… en definitiva, o Acougo, o recuperar perspectiva, e sacar as gañas, por exemplo, de facer este blog e compartir as vivencias de Cool-Touring en #torredosmouros con todos vós. do my essay cheap … agora, a que esperas, ven ti tamén á procura do teu Cabaliño de Ouro.

765qwerty765