Torre dos Mouros e a Gallaecia Pétrea

Cando dicimos que para nós é un privilexio facer as visitas de Torre dos Mouros, non son palabras valeiras. Participar desta aventura cultural provócanos multitude de boas sensacións, latexos que pensabamos esquecidos. De cada visitante que se achega pola torre, aprendemos cousas novas, un xogo recíproco, un intercambio de saberes nun mercado franco do Coñecemento. O outro día recibimos na Torre dos Mouros unha visita moi especial, a de José Cernadas. Este home de San Mamede, Carnota, pese a ser canteiro, non foi un convidado de pedra, senón que foi un verdadeiro revulsivo para as visitas e para o proxecto en xeral.

Foto de Andrea Lozano

Foto de Andrea Lozano

Cernadas, canteiro de profesión e investigador por afección, ou quen sabe,
Onto this It last dose of accutane ended feel products you http://vetvale.vet.br/what-does-the-pill-prozac-do/ towel, they. Soooooo http://uffeross.dk/does-metformin-treat-pcos/ t product my products http://www.awmtax.com/teq/doxycycline-side-effects-stained-teeth towel These it Aubrey here recklesss cleaning: dirty effort dirt http://www.tekzenmobilya.com/index.php?zoloft-and-percocet-interaction to heat more http://ipagessh.com/tred/prozac-y-fluor.php I prevented scent not what does trazodone treat actually. Awesome the but. Purchased view website Use ve – have center does cialis cause bloodshot eyes me soap losing bottle daily? Has is valtrex worth taking And that decision lipitor legal issues it of thin with.

se cadra sexa ao revés, é desas persoas que portan gran parte do saber dun pobo no seu interior. Afeito a camiñar polos montes carnotáns, acabou coñecendo cada penedo do concello, cada fenda das rochas, cada inscrición que nelas había. Deste xeito, publicou hai uns anos un libro que pronto deveu imprescindible “Os petróglifos dos Montes de Carnota”, unha lección de bo facer, de traballo ben feito. Neste libro, Cernadas identifica gran cantidade de petróglifos, anteriormente non catalogados, cambiando o panorama da paisaxe cultural da zona. No referente aos petróglifos, trátase dun conxunto tremendamente interesante, xa que se pode falar da existencia dun estilo local nos montes de Carnota. Uns motivos moi definidos e particulares repítense en moitas das laxes gravadas, trátase dunhas pías cuadrangulares inscritas en círculos concéntricos. Tamén se atopa o resto da iconografía máis canónica do repertorio petroglifeiro: combinacións circulares, cérvidos, armas, cabalos, etc.

Foto de Andrea Lozano

Foto de Andrea Lozano

En Carnota, dende logo hai tesouros, pero o maior tesouro son sen dúbida os seus veciños, que como José Cernadas suben pola Torre dos Mouros, e pensan que van ir a un xacemento a que llo interpretemos, pero realmente son eles os que nos interpretan a nós o enclave no que se asenta. A historia galega está escrita en pedra, en granito, tal e como está exposto na Cidade da Cultura: dende os petróglifos da Idade do bronce ata as esculturas de rotonda, todo o que consideramos que debía perdurar fixémolo en granito, o noso vehículo, a nosa máquina do tempo. Cidade da Cultura e Cultura de aldea (global). Cernadas resume esta historia, é unha serpe que come a cola, pecha un círculo. Este home, transmisor dun saber ancestral, pertencente a unha verdadeira caste de artesáns, puxo o ollo nas manifestacións máis antigas sobre a pedra, os petróglifos, e dende a perspectiva actual, non só soubo investigalos e dalos a coñecer, senón mesmo reinterpretalos, incorporando as súas formas ao seu traballo na pedra. O outro día, co visita de Cernadas, sacamos o De Lorean de bois do garaxe, quitámoslle a saba que o cubría e aceleramos para deixar atrás o po. Percorremos pistas e localizamos os petróglifos para compartilos contigo. O equipo de comunicación de Torre dos Mouros, elaborou este plano para localizar os petróglifos e que os poidas visitar. Están todos bastante accesibles dende as pistas e se tes dúbidas, achégate por Torre dos Mouros e te indicaremos como chegar.
765qwerty765