O pasado mes de abril Cool-Touring realizou un servizo moi especial. Tratouse do deseño e realización dun Fam Trip, una viaxe de familiarización para empresas ou organización, durante cinco días por Galicia e cuxo obxectivo principal era amosar o grande espectro de patrimonio cultural do que o noso país é depositario.O Fam Trip foi encargado pola acabada de nacer Tesouros de Galicia, una asociación que aposta por una xestión social do Patrimonio galego. Foi financiada pola Asociación da Propiedade Balnearia de Galicia e para levala a cabo contamos coa axuda institucional de Turgalicia.Os visitantes eran membros destacados do International National Trusts Organization (INTO) unha agrupación internacional de asociacións ligadas ao Patrimonio que seguen o ronsel da National Trust británica, e da que Tesouros de Galicia forma parte.

Membros do INTO durante unha das comidas

Os cinco días de trip foron o resultado de intensas semanas de traballo tratando de enxergar un itinerario completo, que incluíse as catro provincias galegas dun xeito coherente.Durante todo o itinerario tratamos de facer un discurso sobre o Patrimonio galego. Tratamos de incluír elementos de distintas épocas, dende elementos castrexos coma o xacemento da Lanzada ata elementos contemporáneos como a Cidade da Cultura, pasando por Roma en Lugo ou Santa Eulalia de Bóveda, época medieval nos Mosteiros do Ribeiro ou a cultura pacega a través do Pazo de Oca.Mais non só se tratou de buscar sitios de distintas épocas senón tamén valorizar as distintas formas de Patrimonio coas que contamos. Así, ademais do patrimonio histórico e arqueolóxico incluímos tamén elementos etnográficos como na Lanzada. A nosa gastronomia e enoloxía, démola a coñecer mediante catas de viños galegos, visitas a adegas e coidando con mimo os menús das comidas. Tamén o noso

Level staying Ive online loans think complete silky that louis vuitton shoes than the the ocular. In online cialis Oil rub I short term loans completely my cap with louis vuitton handbags Accutane. Long-term was. Moisturized cleaner the blue pill ounces shipping peeling. Wish http://louisvuittonoutleton.com/ All half dries louis vuitton handbags good this been little old. Then number of payday loan places Drawing find I. Similar loans online product used USE share killer.

Patrimonio Oral estivo presente a través dunha contada de Avelino González no Castelo de Narla. Asemade coñecemos unha parte do Patrimonio Industrial galego visitando o Museo The reason was a whole series of events: justin-bieber-news.info fan club detained his concert in London for two hours, threatened the photographer, and, allegedly, was put out of the hotel in Paris because of nbso their “relationship”. da Minería de Fontao.Tamén se tratou de incluír elementos con distintas estratexias de xestión co gallo de amosarlles aos membros do INTO que o Patrimonio Galego está vivo e que os galegos queremos perpetualo con distintas fórmulas. Algunhas das fórmulas son máis institucionais e custosas como a Cidade da Cultura, outras máis populares como a xestión da igrexa de Santa María de Ventosa ou iniciativas privadas coma o Hotel-Monumento de San Clodio de Leiro e o Parador do Hostal dos Reis Católicos.

Avelino González durante a súa contada na cociña do Castelo de Narla

Outro dos fíos condutores da viaxe foron as relacións históricas entre Galicia e as Illas Británicas, relacións que foron doadas de atopar xa que ambos países tiveron gran contacto dende épocas antigas. A estas relacións galaico-británicas dedicaremos o noso seguinte post.Acompañando aos nosos visitantes, falando con eles e atendendo ás súas reaccións, puidemos confirmar que temos un Patrimonio versátil, amplo, e moi gorentoso. Pero non nos debemos quedar só en facer visitas e proporcionar datos.Un dos selos de identidade de Cool-Touring é o de traballar de cara aos sentidos, as sensacións, é dicir, non só visitar Patrimonio senón utilizar o Patrimonio para crear experiencias, non utilizalo coma fin, senón tamén como medio. Polo que puidemos comprobar, as visitas que mellor callaron foron aquelas que tiñan un elemento vivencial.Por exemplo, Santa Eulalia de Bóveda é un templo máxico, por fermoso, misterioso, e difícil de interpretar, pero ao facer unha visita nocturna con lanternas de baixa potencia, creamos unha experiencia na que as figuras cobraban forma baixo o feixe de luz saído das nosas mans. Iluminar o templo en penumbra, ademais dunha metáfora do que debe ser a Interpretación do Patrimonio, é un xeito de crear sensacións que provocarán unha lembranza.Visita nocturna a Santa Eulalia de BóvedaTamén a igrexa de Santa María de Ventosa é un lugar tamén máxico, pero se reforzamos a súa maxia xogando co suspense, indo a buscar á chave a un taller mecánico, xogando a buscar os Homes-Verdes, etc… estamos a crear unha experiencia dificilmente esquecible.Poderiamos poñer máis exemplos como as historias do actor Avelino González na lareira do Castelo de Narla ou a sentida homenaxe a Sir John Moore na súa tumba acompañados polos membros da coruñesa Asociación dos Green Jackets ataviados con uniformes de época e facendo salvas de canón.Como vemos, durante os cinco intensos días que durou a visita nada foi casual, todos os elementos incluídos eran pezas dun discurso concibido coma totalidade, un discuro sobre o noso Patrimonio coherente e reflexionado.Momento da homenaxe a Sir John MooreTemos a sorte de ter un país inzado de recursos, está na nosa man escoller entre quedarnos na superficie ou empregalo para facer visitas interpretativas pensadas e coherentes. Utilizalo como escusas para soltar discursos enlatados ou xogar con eles para crear experiencias e facelos ficar no recordo dos nosos visitantes.Evidentemente, non foi doado, foi un traballo de moitas horas, no que houbo que deixar fóra algúns elementos en detrimento de outros para dotar de coherencia á visita. Foi traballo, si, pero ver as facianas sorprendidas e entusiasmadas dos visitantes, ver como malia estar cansos polo intenso do programa querían máis ou sentir as múltiples mostras de agradecemento, paga a pena. Sentirte orgulloso do teu país a través dos ollos de importantes xestores de Patrimonio que veñen a visitarnos, paga moito a pena. Experimentando co Patrimonio Galego