Empresa

Cool-Touring é unha empresa de servizos especializada no Turismo Cultural, a Didáctica e a Xestión Cultural.

O noso obxectivo é dar a coñecer o Patrimonio galego a todos os públicos por iso adaptámonos a cada usuario, prestando atención a súas preferencias, referentes e intereses. Non só nos adaptamos a través dos contidos, senón tamén dos formatos, ofrecéndoche diferentes alternativas para que escollas aquela coa que te encontras máis a gusto.

Guided tour_photo by Jose Chazo

Concibimos o Patrimonio como un recurso co que podemos aprender cousas novas, pero tamén co que podemos pasar un bo rato.É por iso, que nas nosas visitas combinamos rigor e bo humor a partes iguais. Pretendemos ofrecer aos nosos clientes experiencias que se fixen no seu recordo, por iso queremos renovar o concepto de servizo turístico, tendo sempre a calidade e a satisfacción do cliente como primeira meta.
Descubre navegando por esta páxina web os servizos que che ofrecemos:

  • Entretidos Audio-Paseos.
  • Visitas guiadas personalizadas e adaptacións didácticas.
  • Un privilexiado aloxamento en Santiago de Compostela.
  • Servizos de Tradución e Comunicación.
  • Produción de eventos e xestión cultural.
  • Elaboración de materiais divulgativos e turísticos

Equipo

Cool-Touring está formada por dous socios malia contar con diversos colaboradores e asesores de distintos ámbitos .Cool-Touring somos:

Xosé Gago, Santiago de Compostela, 1984

Licenciado en Historia da Arte, traballou en diversos ámbitos do mundo cultural e turístico. Ten traballado como arqueólogo en diversas escavacións coma Os Castros de Neixón ou Castrolandín, dende a xénese da Arqueoloxía Pública en Galicia.s

Colaborador habitual de prensa en Galicia, escribiu para o Galicia Hoxe, o Dioivo e actualmente para o Galicia Confidencial, sempre con sección relacionadas co Patrimonio e a súa divulgación.

Foi tamén educador na Fundación Caixa Galicia, ocupándose da elaboración de adaptacións didácticas das exposicións, así como da realización das propias visitas e obradoiros. Para esta función valeuse dos coñecementos adquiridos durante o seu Mestrado en Docencia de Secundaria, no que se especializou no emprego do Patrimonio coma recurso didáctico.

O citado mestrado, máis o seu Posgrao en Interpretación do Patrimonio, déronlle coñecemento para a elaboración das estratexias de visitas a xacementos coma Torre dos Mouros ou Castro de Mallou, incluídos na rede “Museo Aberto de Carnota” e as Croas de Niñóns.

Recentemente (2014) foi produtor da segunda edición do Festival Internacional de Narración Oral “Atlántica”, onde desenvolveu as súas capacidades organizativas e de xestión.

Úrsula Neilson, Manchester, 1988

2013-04-17 12.19.30Periodista bilingüe con experiencia no campo medioambiental e cultural. Tras percorrer distintas rexións españolas e europeas, atopou en Galicia un fogar ideal no que desenvolverse dacabalo entre Inglaterra, a súa terra natal, e Andalucía, a súa terra de adopción.

Ademais de traballar como reporteira para Future Radio (Norwich, Inglaterra), realizou labores de Comunicación para distintas organizacións tales como Tesouros de Galicia o o Foro Mundial da Paz. Actualmente é tamén directora do medio cultural GCTendencias.

 

Complementa a súa labor periodística con traducións ao inglés e español de textos especializados en artes plásticas, arqueoloxía e literatura. Tamén exerce como profesora de clases particulares de idiomas.

Mentres cursaba o Grao de Xornalismo na USC traballou para promocionar o coidado do medioambiente cunha bolsa da Oficina de Desenvolvemento Sostible. Este interese pola ecoloxía levouna a participar activamente en proxectos de alimentación e turismo sostibles en diferentes puntos de España e Gran Bretaña.