Escollimos unha serie de produtos galegos para elaborar un Menú Gourmet especialmente pensado para ti. Os produtos foron escollidos tanto por ser de primeira calidade, como por ser producidos por empresas, que coma nós, elaboran os seus produtos de forma artesanal, con esforzo y dedicación.

Ensalada de algas Porto Muíños

Dende a súa fundación en 1998, Porto Muíños, foi consolidando as algas como un produto habitual en restaurantes e cociñas particulares. As algas, malia que tiveron outros usos, non foron empregadas tradicionalmente en Galicia como alimento, fronte ao que ocorre con outras culturas gastronómicas como a xaponesa.

O mérito desta pequena conserveira non está só en ter consolidado un produto, sino tamén en introducir cambios na cultura gastronómica galega.

Neste pack ofrecémosche unha excelente ensalada de algas en conserva para que sintas unha explosión de sabor atlántico na túa boca.

Ventresca de bonito e zamburiñas La Pureza

Esta pequena conserveira, con más de tres xeracións de historia está situada en Cariño, ao Norte da provincia de A Coruña, precisamente onde o Océano Atlántico abraza ao Mar Cantábrico.

Debido á súa situación xeográfica, esta empresa artesanal, funde a tradición conserveira cantábrica e atlántica, cada unha cos seus produtos e recetas, ao tempo que pon en valor a Galicia cantábrica, moitas veces solapada por la espectacularidade paisaxística e produtiva das rías, malia non ter nada que envexarlle.

Neste pack propoñémosche dous dos seus produtos estrela, a ventresca e as zamburiñas, para que coñezas a bocados as dúas tradicións conserveiras galegas.

Lacón con grelos Embutidos Lalinense

Embutidos Lalinense é unha empresa familiar que nace en 1949 co obxectivo de elaborar embutidos de gran calidade seguindo a tradición da Comarca de Deza.

Nos últimos tempos, aínda mantendo os seus procesos artesanais, comezaron a elaborar unha liña de produtos, que baseados en receitas e faceres tradicionais, resultan innovadores pola súa presentación.

Neste menú, propoñémoste un lacón con grelos, un dos pratos invernais por excelencia da nosa gastronomía. Esta empresa familiar nolo presenta a xeito de embutido, cunha veta de grelos no medio, para cortar en rebanadas ou en taquiños.

Queixo do país

Como non podía ser doutro xeito , Galicia, o país das mil vacas, ofrece uns queixos de primeira calidade. En xeral, os queixos galegos son frescos e cremosos, tal vez por ser tan bos que non somos capaces de agardar e deixalos curar.

Neste pack, incluímos un excelente queixo tradicional, “queixo do país”. Trátase dun queixo, de textura moi cremosa, eleborado con leche cru, o que lle aporta un sabor á altura dos grandes queixos internacionais.

Recomendamos que o reserves para a sobremesa e o combines co seguinte produto.

Doce de mazá “Amieiro”

Ana Docanto, socia da conserveira “La Pureza” lanzouse a facer un “spin off” ao mundo vexetal fundando a conserveira “Amieiro”, centrada na conserva de vexetais e marmeladas.

A aventura, dende logo, no lle saíu nada mal, como poderás comprobar degustando este larpeiro doce de mazá en conserva.

Viño Crego ye Monaguillo: Godello

Galicia, con cinco denominacións de orixe é unha das rexións con maior produción de viño, elaborando uns excelentes caldos caracterizados polas súas notas acedas e o seu agradable frescor atlántico.

Ofrecémosche un viño branco da Denominación de Orixe Monterrei, unha das comarcas que mellores viños está a ofrecer neste momento.

Este viño procede das adegas “Crego e Monaguillo”, pertencente a unha casa de longa tradición adegueira que na actulidade funde as técnicas ancestrais de transformación da uva coas máis modernas tecnoloxías, para ofrecerche un produto de primeira calidade.

Pan de Casa Marcelo

Galicia é terra de pan. O pan non é un mero acompañante do menú senón que é un produto con personalidade por si mesmo.

Incluímos neste pack, o que seguramente sexa o mellor pan elaborado en Galicia. O cociñeiro galego Marelo Tejedor, recoñecido con Estrella Michelín, é un dos grandes renovadores da cociña galega, elaborando patos do século XXI pero con enormes conexións coa tradición. Deste xeito, para reforzar as raíces dos seus menús, acompáñaos con este excelente pan, amasado con mimo con fariñas de diversos cereais.

Traémosche, para que goces sen saír de casa, este excelente pan, saído dos fornos de un dos máis recoñecidos creadores culinarios galegos