Moderno loft nun espazo histórico. Reláxate nun escenario ecléctico con mobles de deseño de diferentes épocas e lugares en pleno corazón do Casco Histórico. Para información e reservas info@cool-touring.com

Unha situación privilexiada

Situado a 2 min. Da Catedral trátase dun edificio histórico enclavado ao lado dunha das antigas portas da cidade, a Porta da Pena.

Por esta porta entraban a Compostela os peregrinos que viñan polo Camiño Inglés.

Ora et Labora

Goza do silencio dun barrio tranquilo propio dunha cidade de estudo e recollemento relixioso.

Nas inmediacións do loft, sitúanse dous dos Mosteiros máis importantes da cidade: San Martiño Pinario e San Francisco, ambos visibles dende a terraza.

No barrio tamén hai varias pensións de estudantes que lle dan vida, sen romper a sú tranquilidade.

Sabores galegos sen saír de casa

Despreocúpate, nós ocupámonos da túa primeira cea.

Si así o desexas, cando chegues ao loft, un “pack gourmet” de produtos galegos de primeira calidade estará agardando por ti.

Goza dos sabores da nosa terra sen saír de casa.

Resérvao por 30 €

Coñece os productos do pack

Da túa casa ao noso apartamento

Esquece o stress de última hora e os paseos abusivos en taxi dende o aeroporto ou a estación.

Avísanos da túa hora de chegada e enviaremos un taxi de confianza, baixo prezo cerrado ou se o prefires, pídenos información sobre os autobuses.

Se vés no teu propio coche, a escasos metros do apartamento, dispós dun párking.

Mergúllate na vida dunha cidade histórica activa

A poucos minutos do loft, atoparás bos restaurantes, terrazas onde refrescarte despois dun paseo ou lugares onde saborear elaborados cócteles e gin-tonics.

Todo isto, o suficientemente cerca para situarte en pouco tempo, pero o suficientemente lonxe para non interferir na tranquilidade da zona.

Tarifas

  • 1 noite: 114 €
  • Semana completa: 550 €
    (6 noites)
  • outros periodos consultar: info@cool-touring.com
  • No noso loft estarás completamente ao teu aire, pero se o desexas podes contratar un servizo de limpeza por 10 € ao día e aproveitar o tempo para coñecer a cidade.

Contacta

  • Anticipo: 15% por transferencia bancaria.
  • Prohibido Fumar.
  • Nenos: Maiores de 8 años.
  • Non se admiten mascotas.