Cool-Touring somos unha empresa con sede en Santiago que traballa no territorio galego. Ofrecemos servizos relacionados co turismo cultural e a didáctica, convencidos de que o Patrimonio é un recurso para o Coñecemento, pero tamén para o Entretemento. Nesta páxina web poderás coñecernos a nós, así como os servizos que te ofrecemos, pensados tanto para particulares, como para Institucións ou Empresas.

O noso apartamento

habitacion

Situado a 2 min. Da Catedral trátase dun edificio histórico enclavado ao lado dunha das antigas portas da cidade, a Porta da Pena. Por esta porta entraban a Compostela os peregrinos que viñan polo Camiño Inglés.

Goza do silencio dun barrio tranquilo propio dunha cidade de estudo e recollemento relixioso.

Descubre o noso menú Gourmet.

Audioguías Cool-Touring

campas

Non se trata de audioguías ao uso senón que ofrecemos unhas características que diferencian ao noso produto doutros que poidan existir no mercado

Entretidos Audio-Paseos para que xestiones o teu tempo e coñezas Santiago comodamente mentres camiñas.

En distintos puntos da cidade dispoñemos de reprodutores MP4 para que poidas gozar do teu Audio-Paseo. Achégate polo punto que máis te conveña e aluga un reprodutor MP4 durante 24h coa visita que elixas.

Visitas guiadas

lanzada

Dinos que lugar de Galicia che interesa coñecer. Cool-Touring ofrece visitas a calquera lugar de Galicia que desexes. Descubre con nós as principais cidades históricas galegas como Santiago, Pontevedra o Betanzos.

Cóntanos cales son os teus intereses e deseñámoste unha ruta personalizada.

Para Santiago ofrecémoste os mesmos percorridos que ofrecemos nos nosos Audio-Paseos, pero acompañados por un guía oficial.

Visitas didácticas Cool-Touring

pobo_galego

En Cool-Touring tamén pensamos nos máis pequenos, por iso ofrecemos visitas especialmente deseñadas para eles nas que combinamos aprendizaxe e divertimento.

  • Temos formación en Maxisterio, Interpretación do Patrimonio así como coñecementos de Didáctica e Pedagoxía.
  • Propoñemos aos máis pequenos, visitas estimulantes nas que espertaremos a súa curiosidade e as súas ganas de aprender.
  • Ofrecemos as nosas rutas en clave de adaptación didáctica para que os escolares poidan sacar proveito das mesmas.
  • Consúltanos a posibilidade de realizar actividades lúdicas relacionadas coas visitas.
  • Visitas didácticas dispoñibles en diversos idiomas. Consúltanos!

Atópanos en Facebook